jueves, 19 de diciembre de 2024

SEMANA DE NADAL

 A semana de nadal estivo chea de actividades,contacontos,dia do complemento de nadal,sesión de cine e para rematar as badaladas do Piñeiriño.





En colaboración co EDLG elaboramos un almanaque do 2025 que as familias poden descargar a través da web do centro.

E non podía faltar a nosa felicitación de nadal.Pódese visionar neste enlace:









OBRADOIRO DE RADIO

No mes de novembro o alumnado de 6º participou nun obradoiro de Radio na biblioteca.
Convertíronse en grandes profesionais deste medio.



25N.PIÑEIRIÑO EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!

 Para sumarnos á esta causa todo o alumnado e profesorado xuntámonos para cantar a canción "Reina" de Ruth Lorenzo e Tanxugueiras.

Nas titorías realizamos unha coroa con mensaxes en contra da violencia de xénero e colgámolas na entrada do colexio.

Co noso gran de area esperamos que desapareza a violencia machista!








COMEZAMOS O PDI!

 A nosa mascota Lelucha enviou unha carta a todas as titorías para explicar o desenvolvemento do PDI deste curso.

O tema elixido polo alumnado son os deportes e o título "PIÑEIRÍADAS".

No recuncho de Lelucha podemos encontrar moitos libros sobre este tema.Temos ata o mes de xuño para investigar e logo faremos un mural expoñendo os deportes que máis nos gustan aos nenos e nenas do Piñeiriño.

No último mes do curso tamén levaremos a cabo unhas olimpíadas escolares.



NOVO RECUNCHO



 Tendo en conta o tema de bibliotecas escolares deste curso ,creamos un novo recuncho "PIÑEIRIÑO A ESCENA" onde podemos atopar moitos libros de teatro.


VISITADE ESTE RECUNCHO!

HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

 O día das bibliotecas escolares foi moi especial.Recibimos a visita da nosa mascota Lelucha.



Acompañounos á representación teatral a cargo de profes e alumnos e alumnas de 6º Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?

Profes e alumnado de sexto


Ao rematar a representación Lelucha regalounos un marcapáxinas e animounos a ler moito.


SEMANA DE NADAL