domingo, 28 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO

 O día 23 de abril celebramos no colexio o día do libro.

 Desenvolveuse unha xincana literaria.

O alumnado a través dun Genially publicado na aula virtual, tivo que descifrar pistas e levar a cabo varios retos ata conseguir as pezas dun puzzle.

Atopadas estas pezas tiveron que montalas e descubriron a portada dun libro.




Despois realizáronse apadriñamentos lectores no patio do centro.
Os padriños contaron un conto aos afillados e  intercambiáronse flores como agasallo neste día tan especial.





Para que as familias gozaran tamén desta celebración creouse o recuncho "Comparte a túa novela" no que as mamás e papás poden intercambiar títulos ata final de curso .


Por último para rematar esta semana o día 26 de abril os axudantes de Lelucha  ofreceron ao alumnado unha sesión de contacontos.




Foi unha gran semana!





VISITA DOS AXUDANTES DE LELUCHA Á GARDERÍA MUNICIPAL

 O día 12 de abril, os axudantes visitaron aos cativos e cativas da gardería municipal.

Realizaron unha actividade de contacontos.

Leron ¿A qué sabe la luna? e A Cebra Camila.

Pasaron unha xornada moi especial!

Regaláronlle un exemplar destes contos aos nenos e nenas da gardería .






VISITA DE LUÍSA MARTÍNEZ LORENZO

 Luísa Martínez visitou ao alumnado de 2º de Primaria e levou a cabo na biblioteca  unha actividade basada no seu libro "Puf,vaia peido".

Firmounos un exemplar, que se mercou para esta ocasión!







OBRA DE TEATRO EN INGLÉS

 O departamento de inglés coa colaboración do claustro de profesores,convidou ao alumnado á visualización e participación dunha obra de teatro en inglés.

As obras foron:

Lost in Space para E.I,1º e  2º de Primaria.

Robinson Crusoe para 3º,4º,5º e 6º de Primaria.

A rapazada aprendeu un montón!





AS MULLERES DA NOSA VIDA

 Chegou o 8M e este ano realizamos varias actividades.

No recuncho de Lelucha preparamos unha exposición de mulleres destacadas.





Ademais na entrada do colexio desenvolveuse a exposición "AS  MULLERES DA NOSA VIDA" na que o alumnado expuxo unha foto coas súas mulleres máis importantes.






SEMANA DO LIBRO