sábado, 2 de mayo de 2026

23 DE ABRIL.DÍA DO LIBRO


Con motivo de celebración do Día do Libro o xoves 23 de abril, reunímonos na sala de usos múltiples todo o alumnado do centro para asistir á presentación de dous libros.

Na primeira quenda na que participamos as nenas e nenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e profesorado,coñecemos "EL ÁRBOL DE COLOR GRIS" da escritora e exalumna do noso centro María José Crespo Vaquero.Recibimos a súa visita e contounos esta fábula moderna sobre o valor da gratitude,a sabiduría e a verdadeira beleza do fogar.


Na 2º quenda asistimos de 3º a 6º de Educación Primaria e profesorado, á presentación do libro "CONTOS CON SUPERPODERES", unha colección máxica de historias inspiradas na vida real de 34 mulleres de varios países de fala hispana e que, grazas a eses superpoderes, chegaron a transformar o seu mundo poñéndoos ao servizo dos demais.

Unha desas autoras é Yurina Rodríguez ou Yuri, como a chaman os seus amigos... actualmente mestra do noso centro.Con ela descubrimos o superpoder do agradecemento,entendido como a capacidade de recoñecer e valorar todo o bo que existe na nosa vida e que nos move facer o ben ao noso arredor: coas persoas, coa sociedade, a natureza e o mundo en xeral, e promove unha gran fonte de felicidade... Pois o libro é unha invitación para descubrir os superpoderes que existen en cada un de nós... 




Para completar esta xornada,o alumnado quixo compartir o seu superpoder no gran libro do  Piñeiriño.



FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!

jueves, 8 de enero de 2026

CHEGOU O NADAL!

 Por nadal tivemos unha gran sorpresa.Un grupo de mestres e mestras representaron a obra de teatro"Anxo no nadal" para todo o alumnado do centro.

Dende aquí dámoslles as grazas polo traballo realizado!!





25N

 Polo 25 N creamos entre todos un manual do bo trato.



SAMAÍN

 Polo Samaín gozamos dun recuncho de libros de medo, decoramos portas e percorremos un túnel de terror .



Podedes ver o vídeo na páxina web do CEIP O PIÑEIRIÑO.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar este día recibimos a visita da contacontos Silvia Penide.
Contou e cantou  o seu libro "Diferentes,Diferencias".




                                                                    Pasámolo xenial!





martes, 20 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 

Este ano as Letras Galegas estiveron adicadas à poesía popular oral a través das cantareiras Adolfina e Rosa Casás e Eva Castiñeiras e as pandereteiras de Mens, Manuela Lema e as irmás Prudencia e Asunción Garrido.

Por este motivo cada aula preparou unha cantiga tradicional e entre todos e todas celebramos o festival “Ti si que molas”.



jueves, 24 de abril de 2025

23 DE ABRIL.DÍA DO LIBRO

 Este curso o lema das bibliotecas foi "Biblioteca escolar a escena" e hai moitísimos contos que se representan en teatro.

Un dos protagonistas que aparecen en gran cantidade de libros e obras de teatro é o lobo.

Lelucha ,a mascota de biblioteca enviou un paquete a cada clase cun libro no que o protagonista é este animal.

Cada aula tivo que ler ese libro e completar unha ficha de lectura que tendemos neste día tan especial no "Tendal de Lelucha".

Logo xuntáronse padriños e afillados para gozar da lectura.



O día 24 continuamos coas actividades do día do libro coa representación de obras de teatro en inglés.





23 DE ABRIL.DÍA DO LIBRO