domingo, 3 de marzo de 2024

CANDO A LUNIÑA APARECE

 23 de febreiro.Chegou o día de Rosalía!

Para celebralo,traballamos un poema de "Cantares Gallegos" titulado "Cando a luniña aparece".

Primeiro animamos o poema nun obradoiro de Stop Motion realizado na biblioteca ,en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.




Logo entre todas e todos creamos un mural na entrada do centro.








ENTROIDO ANIMADO!

 Neste entroido disfrazámonos de personaxes de películas de animación.

O cole encheuse de ananos,dálmatas,mosqueperros, monstros do hotel Transilvania...

Fixemos un desfile moi divertido polo barrio.










Seguimos co documental "Camiñamos polo entroido de Galicia".

Este ano os axudantes de Lelucha achegáronnos aos "Xenerais da Ulla".

Podedes visionalo!






SEMANA DO LIBRO