domingo, 27 de noviembre de 2022

25N.CEIP O PIÑEIRIÑO EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 



O día 25 de Novembro sumámonos contra a violencia de xénero.
Xuntámonos no porche do colexio e cantamos "Justito a Tiempo" de Kany García e Rozalén.
Cada titoría colocou un pensamento para concienciarnos e aportar ideas para  conseguir que todas vivamos se medo.











MAGOSTO NO PIÑEIRIÑO

Canto botábamos de menos esta celebración!

O 7 de Novembro festexamos o Magosto no colexio!

O centro encheuse de castañas e algúns profes asáronas.





Xuntámonos padriños,madriñas,afillados e afilladas para cantar unha cantiga tradicional titulada "A canción do magosto" e...por último...a paparada.

Comémolas todiñas!

martes, 1 de noviembre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.24 DE OUTUBRO DE 2022

 Despois de 2 cursos...por fin celebramos de novo este día tan especial!

Ademáis de abrir a nosa biblioteca,inagurouse  o  PDI que se titula "Bocado a Bocado".

O alumnado do colexio visitou o  particular restaurante “Casa Lelucha” coa degustación do conto “A mellor sopa do mundo”dramatizado polos nenos e nenas de 6º de Primaria.

Os narradores e narradoras de 6ºA e 6ºB

Os protagonistas do conto!






Posteriormente fixeron un percorrido  pola  biblioteca.Os compañeiros e compañeiras de 6º  explicaron  as novidades e normas de uso e funcionamento.





Foi unha xornada moi divertida e coñecemos os novos recunchos da biblioteca!

SEMANA DO LIBRO