miércoles, 21 de diciembre de 2022

A CASA DA MOSCA CHOSCA

 O día 21 de decembro,algúns mestr@s do colexio déronnos unha sorpresa,contándonos a todos os cursos o conto "A casa da mosca chosca".

Baixamos á sala de usos múltiples por quendas e....pasámolo moi ben!!

MOITAS GRAZAS PROFES!






UN LIBRO,UN BOCADO

 Dende a biblioteca e en colaboración coa fundación "Amigos de Galicia" de Vilagarcía de Arousa,

Levouse a cabo unha campaña de recollida de leite, cacao e turrón.

Fíxose un trueque dun libro(exemplares expurgados da biblioteca,donados polo instituto Bouza Brey e algunha familia)por un produto alimentario solicitado pola fundación.

Grazas a tod@s pola solidariedade!





DEGUSTACIÓN DE CONTOS NO NADAL

Durante os días 13,14,15 e 16 de decembro reunímonos seguindo os apadriñamentos na lareira do colexio.



As madriñas e padriños contáronlle aos seu afillados e afilladas un conto destas datas.


Logo fixeron "O AMIGO VISIBLE" con intercambio de agasallos.


Foron uns días moi especiais e entrañables.









RECUNCHO DE CÓMICS E MANGAS

No primeiro trimestre púxose en marcha un recuncho de cómics e mangas.

Mercáronse títulos novos tanto para primeiros lectores como para lectores autónomos. 

Aquí podedes ver as novas coleccións!


SEMANA DO LIBRO