jueves, 24 de abril de 2025

23 DE ABRIL.DÍA DO LIBRO

 Este curso o lema das bibliotecas foi "Biblioteca escolar a escena" e hai moitísimos contos que se representan en teatro.

Un dos protagonistas que aparecen en gran cantidade de libros e obras de teatro é o lobo.

Lelucha ,a mascota de biblioteca enviou un paquete a cada clase cun libro no que o protagonista é este animal.

Cada aula tivo que ler ese libro e completar unha ficha de lectura que tendemos neste día tan especial no "Tendal de Lelucha".

Logo xuntáronse padriños e afillados para gozar da lectura.



O día 24 continuamos coas actividades do día do libro coa representación de obras de teatro en inglés.





8 MARZO.MULLERES DESTACADAS NO DEPORTE.

 

O 8 de marzo fixemos unha exposición de "Mulleres destacadas no deporte".





martes, 22 de abril de 2025

ENTROIDO 2025



Neste entroido e tendo en conta o tema do PDI,fixemos as nosas propias PIÑEIRÍADAS, desfilando de abanderados, piragüistas, esquiadores...



Os axudantes de Lelucha investigaron sobre os Boteiros e crearon o documental "Camiñamos polo entroido de Galicia"





Nasin cando as prantas nasen!Rosalía2025

 


Este ano polo día de Rosalía traballamos un libro titulado "O herbario de Rosalía".





Cada curso investigou unha planta das que aparecen nos poemas da escritora galega e entre todos e todas fixemos un mural.




LETRAS GALEGAS 2025