lunes, 5 de febrero de 2024

RECUNCHO LIBROS DE PAZ

 Na entrada da biblioteca creamos un recuncho con libros de paz.

Títulos como "Cuerdas","A manchas ou a raias",Porque te quero moito""A pomba dona paz"...




CHOIVA DE DESEXOS DE PAZ

 Co centro Princesa Letizia realizamos unha actividade conxunta  e integradora.

A actividade comezou o día 26 de xaneiro no que o alumnado do noso centro,en diferentes salas, visionou curtas. 

Entre elas, "Cordas","O cazo de Lorenzo","Por cuatro esquinitas de nada" y "El Erizo".


O día 30 abrimos as nosas portas ao alumnado do Princesa Letizia e realizamos un mural titulado "CHOIVA DE DESEXOS DE PAZ" no que todas e todos escribimos unha mensaxe de paz nunha gotiña de auga.








Logo o alumnado de sexto encargouse de realizar un xogo e unha merenda especial para o alumnado invitado.                                                  



Foi un día moi emotivo.

Aprendemos como dixo Nelson Mandela, que "A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO".





sábado, 30 de diciembre de 2023

CANTOS DE NADAL

 Para rematar o trimestre,un grupo de mestres e mestras representaron para o alumnado do centro un musical titulado CANTOS DE NADAL.

O obxectivo era poñer en valor a cultura galega.

Comenzaron co aguinaldo, recibiron ao apalpador cantando unha canción de Malvela,bailaron unha danza de paus e por último entoaron unha canción para dar grazas aos  nenos e nenas que nacían nas aldeas.

Resultou moi divertido!








APADRIÑAMENTOS LECTORES

 Os días 18 e 19 de decembro realizouse unha actividade de contacontos de nadal entre padriños,madriñas, afillados e afilladas .

Nese encontro tamén se compartiron agasallos de Nadal.

Foi unha gran convivencia!






RECUNCHO DE LIBROS DE INVERNO

 Coa chegada do inverno,creamos na entrada da biblioteca un recuncho de libros con títulos desta estación e de Nadal .



ALMANAQUE.UN ANO MOI ANIMADO!

Este ano ,en colaboración co equipo de Dinamización elaborouse un almanaque.Cada titoría creou unha páxina de debuxos animados.





PÓDESE DESCARGAR NA PÁXINA PRINCIPAL DA WEB DO CENTRO.

OBRADOIRO DE AVATARES

 Este curso o noso PDI  é sobre debuxos animados,así que pensamos en facer unha felicitación de Nadal moi animada,en colaboración co Equipo de Dinamización e de Actividades Complementarias.

Para iso,desenvolvemos na Biblioteca un obradoiro de avatares con quendas para que todo o alumnado creara o ser propio avatar.

Os axudantes ( nenas e nenos de sexto )fixeron un gran traballo!







E o resultado foi este….





LETRAS GALEGAS 2025