Por nadal tivemos unha gran sorpresa.Un grupo de mestres e mestras representaron a obra de teatro"Anxo no nadal" para todo o alumnado do centro.
Dende aquí dámoslles as grazas polo traballo realizado!!
Por nadal tivemos unha gran sorpresa.Un grupo de mestres e mestras representaron a obra de teatro"Anxo no nadal" para todo o alumnado do centro.
Dende aquí dámoslles as grazas polo traballo realizado!!
Polo Samaín gozamos dun recuncho de libros de medo, decoramos portas e percorremos un túnel de terror .
Podedes ver o vídeo na páxina web do CEIP O PIÑEIRIÑO.
Este ano as Letras Galegas estiveron adicadas à poesía popular oral a través das cantareiras Adolfina e Rosa Casás e Eva Castiñeiras e as pandereteiras de Mens, Manuela Lema e as irmás Prudencia e Asunción Garrido.
Por este motivo cada aula preparou unha cantiga tradicional e entre todos e todas celebramos o festival “Ti si que molas”.
Este curso o lema das bibliotecas foi "Biblioteca escolar a escena" e hai moitísimos contos que se representan en teatro.
Un dos protagonistas que aparecen en gran cantidade de libros e obras de teatro é o lobo.
Lelucha ,a mascota de biblioteca enviou un paquete a cada clase cun libro no que o protagonista é este animal.
Cada aula tivo que ler ese libro e completar unha ficha de lectura que tendemos neste día tan especial no "Tendal de Lelucha".
Logo xuntáronse padriños e afillados para gozar da lectura.
O día 24 continuamos coas actividades do día do libro coa representación de obras de teatro en inglés.