Con motivo de celebración do Día do Libro o xoves 23 de abril, reunímonos na sala de usos múltiples todo o alumnado do centro para asistir á presentación de dous libros.
Na primeira quenda na que participamos as nenas e nenos de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria e profesorado,coñecemos "EL ÁRBOL DE COLOR GRIS" da escritora e exalumna do noso centro María José Crespo Vaquero.Recibimos a súa visita e contounos esta fábula moderna sobre o valor da gratitude,a sabiduría e a verdadeira beleza do fogar.
Na 2º quenda asistimos de 3º a 6º de Educación Primaria e profesorado, á presentación do libro "CONTOS CON SUPERPODERES", unha colección máxica de historias inspiradas na vida real de 34 mulleres de varios países de fala hispana e que, grazas a eses superpoderes, chegaron a transformar o seu mundo poñéndoos ao servizo dos demais.
Unha desas autoras é Yurina Rodríguez ou Yuri, como a chaman os seus amigos... actualmente mestra do noso centro.Con ela descubrimos o superpoder do agradecemento,entendido como a capacidade de recoñecer e valorar todo o bo que existe na nosa vida e que nos move facer o ben ao noso arredor: coas persoas, coa sociedade, a natureza e o mundo en xeral, e promove unha gran fonte de felicidade... Pois o libro é unha invitación para descubrir os superpoderes que existen en cada un de nós...
Para completar esta xornada,o alumnado quixo compartir o seu superpoder no gran libro do Piñeiriño.
FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!






No hay comentarios:
Publicar un comentario