Polo Samaín gozamos dun recuncho de libros de medo, decoramos portas e percorremos un túnel de terror .
Podedes ver o vídeo na páxina web do CEIP O PIÑEIRIÑO.
Polo Samaín gozamos dun recuncho de libros de medo, decoramos portas e percorremos un túnel de terror .
Podedes ver o vídeo na páxina web do CEIP O PIÑEIRIÑO.
Este ano as Letras Galegas estiveron adicadas à poesía popular oral a través das cantareiras Adolfina e Rosa Casás e Eva Castiñeiras e as pandereteiras de Mens, Manuela Lema e as irmás Prudencia e Asunción Garrido.
Por este motivo cada aula preparou unha cantiga tradicional e entre todos e todas celebramos o festival “Ti si que molas”.
Este curso o lema das bibliotecas foi "Biblioteca escolar a escena" e hai moitísimos contos que se representan en teatro.
Un dos protagonistas que aparecen en gran cantidade de libros e obras de teatro é o lobo.
Lelucha ,a mascota de biblioteca enviou un paquete a cada clase cun libro no que o protagonista é este animal.
Cada aula tivo que ler ese libro e completar unha ficha de lectura que tendemos neste día tan especial no "Tendal de Lelucha".
Logo xuntáronse padriños e afillados para gozar da lectura.
O día 24 continuamos coas actividades do día do libro coa representación de obras de teatro en inglés.
Este ano polo día de Rosalía traballamos un libro titulado "O herbario de Rosalía".
Cada curso investigou unha planta das que aparecen nos poemas da escritora galega e entre todos e todas fixemos un mural.