sábado, 28 de octubre de 2023

LIBROS DE MEDO

 Dende o día 30 de outubro para celebrar O SAMAÍN, na entrada da biblioteca, podemos gozar dunha exposición de libros de medo e fantasía.

Títulos como Os contos de Lobican,¡Nadie es un zombi!,Harry potter,Onde viven os monstros,Mortiña,Isadora Moon ,Sibila e a monstruosa festa do Samaín e outros....

Aquí podedes ver este recuncho!



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

                                  


 

Comezamos o curso recibindo unha carta de Lelucha a nosa mascota de biblioteca.



Convidounos a todas e todos  a asistir o día 24 de outubro ás actividades de contacontos "Os libros da Titiriteira" e "Sorpresa".


OS LIBROS DA TITIRITEIRA
                                              



SORPRESA!




Lelucha explicounos que comezamos co noso proxecto ATA O INFINITO E MÁIS ALÁ!. 

Ao longo do curso, achegarémonos ao mundo da animación e lograremos ser uns expertos en debuxos animados.

 Animounos a que visitemos o recuncho de cómics e mangas e que lle enviemos cartas contándolle  opinións, suxerencias  para novas adquisicións...

A verdade que o día das bibliotecas foi  un día moi especial !



miércoles, 12 de abril de 2023

8 DE MARZO

 Neste día coma sempre colocáronse recomendacións na "Casa Lelucha" sobre mulleres.

Na lareira do colexio colocáronse táboas de cortar coa biografía de mulleres.

Aquí podedes visualizar o vídeo desta actividade.





DÍA DE ROSALÍA

 Este día tan especial,recordamos a Rosalía de Castro,escribindo un poema entre todos e todas.

  O poema titúlase "Din que non falan as plantas".

  Tamén decoramos macetas e plantamos pensamentos.

   Gravamos un audio da poesía que escoitamos toda a semana para as entradas e saídas.








ASÍ CELEBRAMOS O 23 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA.





ENTROIDO

 Nestas datas en"Casa Lelucha "colocáronse recomendacións.

Podedes atopalas no apartado de Novidades de biblioteca.

Ademais colaboramos co Equipo de Dinaminación na creación do vídeo "Camiñamos polo entroido de

 Galicia" que este ano trataba do entroido de Laza.

Podedes visionalo no apartado de dinamización.

LECTURAS POLA PAZ

Para esta conmemoración, na "Casa Lelucha" atopamos  algunhas recomendacións para ler nas titorías.





Ademais compartimos entre cursos un bocadiño de paz.
Foi un momento moi emotivo!!
                                                  
                                                        PREPARAMOS AS MESAS
                                                        E MANTEIS CON PEQUENOS 
                                                        DE EDUCACIÓN INFANTIL!





  CADA CURSO PREPAROU
            OS SEUS BOCADOS PARA COMPARTIR





                   
                                                           
                              TODO ESTABA RIQUÍSIMO!!!


REUNÍMONOS TODOS E TODAS NO PORCHE DO COLEXIO PARA CANTAR  "A TRIBO "

DA BANDA DA LOBA.

AQUÍ PODEMOS VER UN VÍDEO QUE FIXERON OS DE SEXTO PARA ESTE DÍA!












miércoles, 21 de diciembre de 2022

A CASA DA MOSCA CHOSCA

 O día 21 de decembro,algúns mestr@s do colexio déronnos unha sorpresa,contándonos a todos os cursos o conto "A casa da mosca chosca".

Baixamos á sala de usos múltiples por quendas e....pasámolo moi ben!!

MOITAS GRAZAS PROFES!






23 DE ABRIL.DÍA DO LIBRO