martes, 1 de noviembre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.24 DE OUTUBRO DE 2022

 Despois de 2 cursos...por fin celebramos de novo este día tan especial!

Ademáis de abrir a nosa biblioteca,inagurouse  o  PDI que se titula "Bocado a Bocado".

O alumnado do colexio visitou o  particular restaurante “Casa Lelucha” coa degustación do conto “A mellor sopa do mundo”dramatizado polos nenos e nenas de 6º de Primaria.

Os narradores e narradoras de 6ºA e 6ºB

Os protagonistas do conto!






Posteriormente fixeron un percorrido  pola  biblioteca.Os compañeiros e compañeiras de 6º  explicaron  as novidades e normas de uso e funcionamento.





Foi unha xornada moi divertida e coñecemos os novos recunchos da biblioteca!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

SEMANA DO LIBRO